Incendio nun edificio de nove andares en Vigo
09:33 04/01/19
09:33 04/01/19
Sucedeu no número 24 da Avenida do Alcalde Portanet, ao fío das 3:35 horas
Tres persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fume despois de declararse un incendio nun edificio de nove andares en Vigo, no que arderon unhas pranchas de poliespán nas escaleiras. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as tres persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Povisa.
Sucedeu no número 24 da Avenida do Alcalde Portanet, ao fío das 3:35 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para alertar do incendio.