miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira mellora as prestacións do Complexo Deportivo da Fieiteira

Ribeira mellora as prestacións do Complexo Deportivo da Fieiteira
Ribeira mellora as prestacións do Complexo Deportivo da Fieiteira

Entre as tres actuacións o investimento desembolsado supera os 78.000 euros

O Concello de Ribeira desenvolveu nas últimas datas tres intervencións dirixidas a mellorar as prestacións do Complexo Deportivo da Fieiteira: trátase da renovación da cuberta da grada de fútbol, a mellora do sistema de ventilación na sala fitness e na piscina (que dende este esmo sábado se chamará piscina María Vilas Vidal) e o acondicionamento da parte inferior da bancada do terreo de balompé para crear dous almacéns destinados a outros tantos clubs que teñen a súa sede nestas instalacións. Entre as tres actuacións o investimento desembolsado supera os 78.000 euros.

Así, dun lado procedeuse a renovar a cuberta da grada que, cunha lonxitude de 81x9 metros, presentaba un estado deficiente, razón pola cal restauráronse as cerchas, vigas e piares metálicos que suxeitan a estrutura (limpando estes elementos con máquinas de chorro de area, lixándoos e substituíndo os tirantes e parafusería nas unidades que sexan necesarias, ademais de pintar) para a continuación instalar unha nova cuberta de dobre chapa de aceiro de 6 milímetros de espesor, cunha cara prelavada e a outra galvanizada sobre correas metálicas. A obra inclúe o remate frontal da cuberta. Foi executada pola empresa Digar de Artes, S.L., e implicou un investimento de 32.717 euros.

Para mellorar o sistema de ventilación da sala fitness instalouse un sistema recuperador de aire en tanto que foron substituídos os filtros existentes no recinto da piscina. O importe foi de 17.405 euros e a obra foi efectuada por Heber Inelca, S.L.

Por último, acondicionouse o espazo de debaixo da bancada do campo de fútbol para crear dous almacéns de 23,85 metros cadrados, ademais de urbanizar a plataforma de acceso cunhas escaleiras que salvasen o actual desnivel e colocar unha barandilla de protección. Comportou un investimento de 28.506 euros e a actuación foi executada por Domínguez Arias e Hijos, S.L.. Estivo cofinanciada por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Comentarios
Lo más