Cáelle una travesa de formigón a un home en Ares
Sucedeu sobre as 14:30 horas no Camiño da Ansuela, no lugar de Chanteiro
Ao redor das 14:30 horas, o 112 Galicia rexistrou un accidente laboral en ARES no que resultou ferido un traballador tras caerlle unha travesa de formigón por enriba da perna. Sucedeu no Camiño da Ansuela, no lugar de Chanteiro. Ata alí se dirixiron os voluntarios de Protección Civil de Ares que confirmaron que o traballador encontrábase accesible, polo que foi descartado o uso de material de excarceración.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención do persoal sanitario, dos Bombeiros de Ferrol, do GES de Mugardos e da Garda Civil.
Finalmente, o ferido foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Juan Cardona de Ferrol.