O XXIII Festival de Títeres de Brión pechará mañá as súas portas co espectáculo “Tolitates”
Teatro Marionetas Trécola presentará en Brión unha técnica moi novidosa de manipulación e unha mestura de teatro de obxectos, monicreques de fíos, bunraku e guiñol
O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe venres 4 de xaneiro, ás 17:30 horas, a actuación da compañía Teatro Marionetas Trécola, que porá en escena a súa obra “Tolitates”. Un espectáculo de 50 minutos de duración que porá o punto e final ao XXIII Festival de Títeres de Brión, que do 2 ao 4 de xaneiro achegou a maxia dos monicreques a ducias de nenos e nenas de Brión.
Teatro Marionetas Trécola presentará en Brión unha técnica moi novidosa de manipulación e unha mestura de teatro de obxectos, monicreques de fíos, bunraku e guiñol no que non haberá palabra ningunha, desaparecidas fronte a un escenario no que dominan a pantomima e a música. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.