miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Segue o anticiclón con temperaturas moi baixas a primeiras horas da mañá e da noite

Segue o anticiclón con temperaturas moi baixas a primeiras horas da mañá e da noite
Segue o anticiclón con temperaturas moi baixas a primeiras horas da mañá e da noite

En Compostela a temperatura mínima acadará 1ºC e a máxima será de 13ºC

As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao norte da península Ibérica, illándonos das borrascas atlánticas e impedindo tamén que se achegue a masa de aire frío que estará no norte e leste de Europa. 

Deste xeito agardamos unha nova xornada de ceo despexado, agás nos vales do interior onde as néboas serán localmente persistentes. 

As temperaturas contrastarán fortemente, con frío e xeadas ao principio e valores máis suaves nas primeiras horas da tarde. En Compostela a temperatura mínima acadará 1ºC e a máxima será de 13ºC.

Os ventos soprarán frouxos do leste.

Comentarios
Lo más