O CPEIG ofreceu un taller de robótica e drons para nenos e nenas hospitalizados no Clínico de Santiago
O taller é unha oportunidade para achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñaría en informática.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartiu hoxe un taller de robótica e pilotaxe de drons no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para os nenos e nenas que están hospitalizados. A xornada celebrouse na Aula Hospitalaria do propio centro durante a mañá de onte.
Con actividades deste tipo relacionadas coas novas tecnoloxías, o Colexio profesional pretende fomentar o talento dixital dos nenos e nenas de toda Galicia. O taller é unha oportunidade para achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñaría en informática. Impartiron a xornada o enxeñeiro en Informática Manuel Montesinos Miguélez e o enxeñeiro de Obra Civil Telmo López López.