Minuto de silencio no Casa do Concello pola última vítima mortal da violencia machista
Integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada
A praza do Obradoiro acolleu onte ao mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este mesmo xoves en Laredo (Cantabria).
Integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres.