Ames e Brión firman un convenio de colaboración para a xestión conxunta da ETAP de Lens
O obxectivo é regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión de dita ETAP
Os alcaldes de Ames, Jose Miñones, e Brión, José Luís García, asinaron un convenio de colaboración para a xestión conxunta da ETAP de Lens que presta servizo a ambos municipios. O obxectivo é regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión de dita ETAP.
O convenio foi aprobado previamente polo Pleno do Concello de Ames na sesión ordinaria do mes de setembro.
A través do convenio asinado polos alcaldes de Ames e Brión búscase regular a porcentaxe de participación de cada Concello nos custes de xestión da ETAP de Lens.
Ao Concello de Ames corresponderalle a administración, control da xestión e mantemento da instalación, mentres que nos custos participarán ambas administracións de forma conxunta.
Ademais de determinar a participación no financiamento do servizo, tamén se acordou a constitución dunha comisión de seguimento integrada polos alcaldes de cada municipio ou, no seu defecto, polos concelleiros nos que deleguen, e un técnico municipal de cada un dos Concellos.
A función desta equipo, que se reunirá de forma anual, será resolver os posibles problemas de interpretación, modificación ou incumprimento que poidan presentarse, ademais de realizar un seguimento do funcionamento e custes da ETAP, e decidir as actuacións e traballos que sexa necesario levar a cabo nas instalacións para o seu correcto funcionamento.
Dito convenio terá unha duración de catro anos dende a súa sinatura podendo prorrogarse de forma expresa por catro anos máis.