miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos chegan a Ames con espectáculos de maxia

Os Reis Magos chegan a Ames con espectáculos de maxia
Os Reis Magos chegan a Ames con espectáculos de maxia

Un ano máis, os Reis Magos pasarán por Ames antes de repartir os agasallos que cada neno e nena pediu nas cartas que escribiu ao longo do ano

O sábado, 5 de xaneiro, as nenas e nenos amesáns celebrarán a chegada dos Reis Magos cunha festa especial, que terá lugar nos pavillóns municipais do Milladoiro e de Bertamiráns. Antes, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns, co obxectivo de deixar a súa firma no libro municipal de sinaturas. Desde alí, partirán en cabalgata ata os pavillóns, onde se celebrará unha función de pompas de xabón e dous espectáculos de maxia. No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca.

Un ano máis, os Reis Magos pasarán por Ames antes de repartir os agasallos que cada neno e nena pediu nas cartas que escribiu ao longo do ano. Para recibir aos Magos de Oriente, o Concello de Ames está preparando unha gran festa que comezará co recibimento dos Magos de Oriente nas Oficinas xerais do Milladoiro, ás 17:00 horas, e na Casa do Concello, en Bertamiráns, ás 18:00 horas, onde asinarán no libro de sinaturas do Concello de Ames.

De seguido, percorrerán as rúas do Milladoiro (Agro do Medio, rúa dos Cereixos e Travesía do Porto) e de Bertamiráns (praza do Concello, avenida da Maía e avenida da Peregrina). Posteriormente, farase unha recepción real nos pavillóns polideportivos do Milladoiro, ás 17:30 horas, e de Bertamiráns, ás 18:30 horas, cunha gran festa de luz e de son, onde se celebrarán dous espectáculos de maxia da man da maga Amelie e Mirror Led, e unha función con pompas de xabón de Willy Pomper.

No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca. Os pavillóns municipais estarán abertos media hora antes da chegada das súas maxestades os Reis Magos. Ademais, os rapaces e rapazas de Ames poderán fotografarse con Melchor, Gaspar e Baltasar. Serán máis de 90 minutos de entretemento a cuberto e no que tamén se entregarán os premios do concurso de cartas de Nadal.

Comentarios
Lo más