miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Último día do Torneo de Nadal de Fútbol de Ames

Último día do Torneo de Nadal de Fútbol de Ames
Último día do Torneo de Nadal de Fútbol de Ames

Na categoría infantil participarán oito equipos, cun máximo de 20 xogadores por equipo, que competirán entre as 16:00 e as 21:15 horas

O Concello de Ames organiza, por segundo ano consecutivo, o seu Torneo de Nadal de Fútbol, que remata hoxe 3 de xaneiro, nos campos municipais de fútbol do Milladoiro e Bertamiráns. O torneo contará coa participación dun total de 44 equipos, repartidos nas categorías prebenxamín e alevín, que participarán hoxe martes, e benxamín e infantil, que disputarán o torneo mañá xoves. 

O primeiro e o segundo equipo clasificado en cada categoría recibirá un trofeo colectivo. Asemade, todas as nenas e nenos participantes recibirán un obsequio por parte do Concello de Ames. Poden consultar a programación de cada categoría nas ligazóns que están á dereita nesta nova, baixo o apartado de descargas.

Onte comezou a segunda edición do Torneo de Nadal de Fútbol Concello de Ames, que se está desenvolvendo nos campos municipais de fútbol do Milladoiro e de Bertamiráns. No Torneo participan un total de 44 equipos, formados por participantes de entre 7 e 13 anos. Haberá catro categorías: pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil, que se repartirán entre os dous campos de fútbol. A arbitraxe correrá a cargo do Comité Técnico Galego de Árbitros. O primeiro e o segundo equipo clasificado en cada categoría recibirá un trofeo colectivo. Así mesmo, haberá un obsequio para todas as nenas e nenos participantes.

COMPETICIÓNS DE CATEGORÍA INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍN

O día 3, os equipos das categorías benxamín e infantil xogarán no campo municipal de Bertamiráns e Milladoiro respectivamente. Na categoría infantil participarán oito equipos, cun máximo de 20 xogadores por equipo, que competirán entre as 16:00 e as 21:15 horas, para despois xogar a final, que comezará ás 21:20 horas. En canto aos participantes na categoría benxamín, os partidos comezarán ás 16.00h, mentres que a final terá lugar ás 20:20 horas. A entrega de trofeos celebrarase ás 20:00 horas.

Co obxectivo de primar a participación por riba da competición, ningún equipo quedará eliminado no primeiro partido, senón que as eliminacións se realizarán en función da puntuación adquirida. Deste xeito, cada partido gañado implicará a obtención de tres puntos e cada empate a de dous.

Comentarios
Lo más