miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xoán Bascuas lamenta "a falta de vontade política" para a aprobación dos orzamentos do 2019

Xoán Bascuas lamenta "a falta de vontade política" para a aprobación dos orzamentos do 2019
Xoán Bascuas lamenta "a falta de vontade política" para a aprobación dos orzamentos do 2019

Compromiso bota en falla a vontade de diálogo tan tradicional na política compostelá

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso nas vindeiras eleccións locais, vén de reivindicar o diálogo como ferramenta imprescindible de entendemento. A formación galeguista ve con preocupación a falta de acordo para aprobar os orzamentos de 2019, polo que a ausencia de entendemento e de negociación dos partidos que compoñen o actual pleno do Concello de Santiago, fará que a nova lexislatura comece cos orzamentos de 2018 prorrogados. 

Segundo Bascuas, “unha ferramenta tan importante para un Concello como son os seus orzamentos non deben estar condicionados por intereses partidarios, polo que dende xa tendemos a man a todos os partidos para que, a partir de maio, os orzamentos municipais sexan o resultado dun esforzo coral e que teñan á veciñanza de Santiago no centro da nosa actividade. Máis tendo en conta que a vindeira Corporación será máis plural e non haberá maiorías”.

De igual modo, Bascuas lembrou que a vida política compostelá sempre se caracterizou polo diálogo, o acordo e a concertación, “algo que se vén botando en falla nos últimos tempos”. De feito, os galeguistas tachan de irresponsabilidade que o Goberno non tivera pechado os presupostos coas forzas da oposición antes do pleno, para non chegar a esta situación, que vai condicionar a seguinte Corporación.

Por último, o candidato de Compromiso por Galicia indica que “non vou limitarme ao lamento e traballarei porque, a partir de maio do 2019, Compromiso poda ser garantía de estabilidade, concertación e acordo".

Comentarios
Lo más