No 2018 houbo 417 denuncias por venta ilegal de cans en Galicia
Os animalistas advirten de que comprar animais de formar irregular como "agasallo de Nadal fomenta adquisicións compulsivas, pouco reflexioandas e posteriores abandonos"
Durante o 2018, a Fundación Franz Weber e a Asociación Animalista Libera desenvolveron a loita contra contra o comercio ilegal coa intención de cumprir a Ley de Benestar Animal de Galicia e que se saldou con máis dunha denuncia diaria. Ainda que o resultado, según estes colectivos, "é tremendamente mellorable". En total foron 417 as denuncias do ano pasado por venta ilegal de cans.
Os animalistas recordan que a normativa autonómica, que entrou en vigor o ano pasado, "prohíbe a difusión de anuncios de venta de animais de compañía se non van acompañados do número de inscrición no REGANUZ, Rexistro Galego de Núclos Zoolóxicos". Neste sentido, FFW e Libera! centráronse nunha única páxina web coñecida para aloxar anuncios de todo tipo e que nos seu condicionantes "non inclúe ningunha mención ás especificacións legais da comunidade, ainda que advirte sobre disposición similares de Cataluña e a Comunidade Valencianda, e por iso, estaría fomentando un claro incumprimento da lexislación" argumentan.
Estes colectivos solicitarán a Medio Ambiente que "inicie formalmente un procedemento sancionador" contra as empresas que permitan este tipo de ofertas na Internet, "fomentando non só o mercado negro de animais, senón tamén un fraude crecente a Facenda galega, xa que estas transaccións carecen do pago de calquer imposto e os criadores, na súa maioría cazadores, lúcranse sen miramentos" puntualizan.
As sancións por venta ilegal podrína alcanzar os 5000 euros, informan, ademási podería haber outras accións administrativas e incluso xudiciais, polo desenvolvemento de actividades económicas sen cumprir cos requisitos legais, como falta de declaración fiscal dos ingresos e a falta de alta nos preceptivos rexistros tributarios.
Estas organizacións advirten de que comprar animais de formar irregular como "agasallo de Nadal fomenta adquisicións compulsivas, pouco reflexioandas e posteriores abandonos". "O 30% destes animais acabará na rúa nos próximos meses, constituíndo un gasto adicional para as aracas públicas grazas á irresponsabilidade dunha minoría".