O Lustres Rivas abre unha exposición da "Divina Comedia", ilustrada por Salvador Dalí
A mostra poderá ser visitada de luns a venres de 10:00 a 14 :00 e de 19:00 a 21:00 horas e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas
O Centro Cultural Lustres Rivas dará cabida do 4 ao 27 de xaneiro a unha exposición sobre O Paraíso da Divina Comedia de Dante ilustrada por Salvador Dalí: a terceira e última serie de gravados que albergará a instalación municipal despois de dar cabida en anos precedentes ás coleccións correspondentes ao Inferno e ao Purgatorio.
O acto inaugural está programado para as 21:00 horas do venres 4. As obras proceden dos fondos do Museo do Gravado de Artes.
Estas ilustracións foran un encargo do Goberno italiano ao mestre de Figueres con motivo do 700 aniversario do nacemento de Dante: un proxecto truncado debido á gran polémica suscitada no país transalpino ao seleccionar un artista estranxeiro, pero que o propio autor rematou auspiciado por un editor parisiense.
O cartafol que corresponde ao Paraíso foi creado en 1963, en tanto que o Inferno e o Purgatorio se elaboraron en 1960 e 1962, respectivamente.
A mostra poderá ser visitada de luns a venres de 10:00 a 14 :00 e de 19:00 a 21:00 horas e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas. A entrada é gratuíta.