miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian a situación de abandono da rúa Caramoniña

Denuncian a situación de abandono da rúa Caramoniña
Denuncian a situación de abandono da rúa Caramoniña

O Grupo Municipal Popular reitera que no ano 2017 xa había unha previsión de investir 60.000 euros para melloras nesta rúa, pero entrando en 2019 a situación da vía é a mesma

O grupo Municipal Popular vén de denunciar que, tres meses despois de que o Goberno de Compostela Aberta se comprometera, a poñer solución aos distintos problemas que presenta a rúa Caramoniña, "a situación desta vía segue a ser de total abandono".

Tras as "ameazas do venres do alcalde Martiño Noriega", na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local (XGL), onde asegurou que de non aprobarse os orzamentos 2019 non se poderían executar acordos plenarios, os Populares reiteran que isto xa é “unha tradición na política municipal do señor Noriega”, posto que son numerosos os acordos levados a Pleno, incluso polo actual equipo de Goberno, que “caen en saco roto”.

O Grupo Municipal Popular subliñou que, xa no ano 2017, había unha previsión de investir 60.000 euros para melloras nesta rúa, pero entrando en 2019 a situación da vía é a mesma, polo que lle volven a pedir a Compostela Aberta que, ante a continua deixadez na execución dun proxecto necesario, CA debería procede urxentemente a adoptar as medidas para limpar e recuperar a seguridade no tramo central desta rúa.

Neste momento, a vía ofrece imaxes de claro abandono na súa limpeza e mantemento: as herbas e ortigas ocultan boa parte dos chanzos; ademais dunhas construcións ruinosas que se encontran nas marxes e que lindan cos terreos destinados a hortas municipais.

No seu interior, ao que se pode acceder por ter forzado os valos e tapias colocados no seu día, acumúlanse gran cantidade de xiringas, envases de bebida e multitude de bolsa cheas de lixo e restos de todo tipo que constitúen unha ameaza para a saúde pública e un foco de contaminación que é preciso remediar canto antes.

A zona ofrece unha imaxe de deterioro progresiva e mesmo nos baixos do centro sociocultural que dá acceso ás hortas e ao garaxe das vivendas se poden atopar con frecuencia cartóns, restos de comida e outros elementos que deixan persoas que alí se acollen.

ANTECEDENTES

A rúa de Caramoniña, situada nas proximidades do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), foi obxecto dunha profunda mellora entre 2014 e 2015 para habilitar o pronunciado desnivel que conforma a pasaxe peonil para conectar as rúas Valle Inclán e Touro e que serve, ao mesmo tempo, para acceder ás hortas municipais e tamén ao parque de Bonaval, a través dun singular corredor.

As actuacións realizadas, sumadas á urbanización da parte alta onde se construíu un moderno equipamento cultural e unhas vivendas colectivas que axudaron a potenciar o valor ambiental e paisaxístico da zona

Comentarios
Lo más