miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

IV Concurso de Nadal no Museo de Historia Natural da USC

IV Concurso de Nadal no Museo de Historia Natural da USC
IV Concurso de Nadal no Museo de Historia Natural da USC

Os traballos poderán presentarse ata o 21 de xaneiro

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organiza este Nadal por cuarto ano consecutivo o seu concurso de relatos curtos ilustrados, nesta ocasión sobre o tema As especies invasoras.

Nesta ocasión haberá dúas modalidades: a participación individual, diferenciada por idades en catro categorías (de 5 a 8 anos, de 9 a 13, de 14 a 17 e de 18 ou máis anos); e a colectiva, dirixida a grupos –que deberán ter un representante maior de idade- con catro subcategorías en función da franxa de idade da maioría dos seus membros.

Os traballos poderán presentarse ata o 21 de xaneiro, na recepción do Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, Santiago).

As persoas gañadoras, unha por categoría, levarán como premio unha tablet na categoría individual e unha visita guiada gratuíta ao Museo de Historia Natural da USC na categoría colectiva. Como apoio para o concurso recoméndase a visita á exposición temporal, de entrada libre, ‘Vespa velutina: unha invasión imparable’.


Comentarios
Lo más