miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Todo listo para o "Quebranoces" co Russian Classical Ballet

Todo listo para o "Quebranoces" co Russian Classical Ballet
Todo listo para o "Quebranoces" co Russian Classical Ballet

O evento terá lugar hoxe 2 de xaneiro, a partir das 20:30 horas, e as últimas entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación O quebranoces de P. Tchaikovsky a cargo do Russian Classical Ballet no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23). 

O evento terá lugar hoxe 2 de xaneiro, a partir das 20:30 horas, e as últimas entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

O Russian Classical Ballet é unha compañía dirixida por Evgeniya Bespalova e conformada por un elenco de bailaríns graduados polas escolas de danza de maior prestixio internacional como as de Moscova, San Petersburgo, Novsibirsk e Perm, cuxo obxectivo é o de preservar a tradición do ballet clásico ruso.

Nesta ocasión chegan a Santiago de Compostela para ofrecer unha das obras máis recoñecidas do compositor P. Tchaikovsky, O quebranoces. 

Trátase dun ballet en dous actos con coreografía orixinal de Marius Petipa e Lev Ivanov. O libreto é unha adaptación do conto de Hoffmann O quebranoces e o Rei Rato. 

Estreouse no Teatro Mariinsky de San Petersburgo o 18 de decembro de 1892 e a día de hoxe continúa sendo un dos ballets máis representados.


Comentarios
Lo más