O Santiago Park volve abrir as súas portas ata o 7 de xaneiro
A entrada contará cun prezo único de 6 euros por persoa e día (tanto para nenos como para adultos)
Tras dous días de descanso, o parque de atraccións Santiago Park volve a abrir hoxe as súas portas no Recinto Feiral de Amio.
En canto ás súas propostas, contará con gran diversidade de atraccións, entre as que haberá un saltamontes, camas elásticas, inchables, a xungla, vermiño, mini scalextric, touriño infantil, barredora e pista de coches. A elas engadirase unha zona de xogos para os máis pequenos que incluirá globoflexia.
A entrada contará cun prezo único de 6 euros por persoa e día (tanto para nenos como para adultos), podendo acceder a todas as atraccións as veces que se queira.
Así, no seu horario habitual de 16.00h a 21.00 horas, volverá a ofrecer a súa gran diversidade de atraccións e tamén talleres para os máis pequenos que visiten o parque.
Ademais de mañá mércores, o Santiago Park continuará os días 3, 4, 6 e 7 de xaneiro.