miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Museo das Peregrinacións rinde homenaxe ao Camiño Francés

O Museo das Peregrinacións rinde homenaxe ao Camiño Francés
O Museo das Peregrinacións rinde homenaxe ao Camiño Francés

Inspirado no Códice Calixtino, o ilustrador gaditano Joaquín González Dorao ofrece as súas vivencias persoais da peregrinación a modo de libro de viaxe 

Coincidindo co ano do 25 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco que se conmemorou en 2018, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando a exposición O Camiño de Santiago debuxado, que permanece no Museo das Peregrinacións e de Santiago da capital galega durante este mes de xaneiro.

Inspirado no Códice Calixtino, o ilustrador gaditano Joaquín González Dorao recolle as súas vivencias nunha serie de ilustracións e acuarelas que conforman un libro de viaxe no que retrata o seu percorrido polos diferentes concellos do Camiño Francés desde Roncesvalles a Santiago de Compostela.

A exposición, baseada nunha publicación de Patito Editorial, consta dunha selección de 25 pezas nas que reflicte as súas vivencias en distintos pobos e cidades polas que atravesa este itinerario xacobeo, que escollen seis de cada dez peregrinos que chegan a Galicia.

O Camiño de Santiago debuxado mantense aberta no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o 27 de xaneiro de martes a venres de 9:30 a 20:30 horas; os sábados de 11:00 a 19:30 horas e os domingos e festivos de 10:15 a 14:45 horas. 

Comentarios
Lo más