Excarceada unha persoa tras sufrir un accidente de tráfico en Catoira
18:36 01/01/19
18:36 01/01/19
Ocorreu na estrada que une Catoira e Santa Baia, ao fío das 09:45 horas
Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico esta mañá no termo municipal pontevedrés de Catoira. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Salnés, ao quedar atrapada no interior do único turismo implicado no sinistro.
Foi unha persoa particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia e, acto seguido, os xestores do CIAE-112 puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Valga, dos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.
Unha vez liberada, a persoa foi trasladada polos profesionais sanitarios ao Hospital do Salnés.