miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Intoxicadas tres persoas pola mala combustión dun braseiro en Vigo

Intoxicadas tres persoas pola mala combustión dun braseiro en Vigo
Intoxicadas tres persoas pola mala combustión dun braseiro en Vigo

O persoal do CIAE-112 puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local, da Policía Nacional e de Protección Civil

Tres persoas tiveron que ser trasladadas a pasada tarde ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, ao intoxicarse nunha vivenda pola mala combustión dun braseiro. Sucedeu na rúa Toledo, á altura do número 65.

Foi o 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba dos feitos ao 112 Galicia uns minutos antes das 19:00 horas e, decontado, o persoal do CIAE-112 puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local, da Policía Nacional e de Protección Civil.

Unha vez na vivenda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo comprobaron que o braseiro xa estaba apagado, ventilaron a vivenda e levaron a cabo as medicións de gas na casa, que resultaron negativas.

Comentarios
Lo más