miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Catro persoas feridas nun accidente en Vilaboa

Catro persoas feridas nun accidente en Vilaboa
Catro persoas feridas nun accidente en Vilaboa

O accidente ocorreu na N-554, a un quilómetro da Ponte de Rande, ao fío das 2:14 horas

Unha colisión múltiple na que se viron implicados tres coches esta noite en Vilaboa saldouse con catro persoas feridas leves, que tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na N-554, a un quilómetro da Ponte de Rande, ao fío das 2:14 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro. Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Morrazo, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Comentarios
Lo más