miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 2500 persoas asistiron ao ciclo de conferencias «Educación Século XXI» de Afundación no 2018

Máis de 2500 persoas asistiron ao ciclo de conferencias «Educación Século XXI» de Afundación no 2018
Foto de arquivo
Máis de 2500 persoas asistiron ao ciclo de conferencias «Educación Século XXI» de Afundación no 2018

Reputados profesionais como Ángel Carracedo, Anna Sans ou David Bueno ofreceron 13 de charlas sobre os retos da educación actual e as metodoloxías máis innovadoras


  1. Máis de 2500 asistentes participaron no ciclo de conferencias «Educación século XXI» organizado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, o que supón un incremento no número de participantes de máis do 30% con respecto ao ano anterior. Trátase dunha proposta aberta a todas as partes integrantes da comunidade educativa e unha firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais.


Durante este ano, reputados profesionais interviñeron neste ciclo, tratando temáticas de moi diversa índole, como a heteroxeneidade biolóxica humana da man do xenetista Ángel Carracedo; os trastornos da aprendizaxe como a dislexia ou a discalculia a cargo da doutora Anna Sans; a utilización de técnicas como o mindfulness na educación coa psicóloga Belén Colomina ou a maneira na que «aprende» o cerebro co doutor en Bioloxía David Bueno. Tamén os novos formatos de comunicación estiveron presentes neste ciclo, coa conferencia sobre seguridade en redes sociais da man do experto en seguridade e privacidade José Torres, ou a charla sobre como utilizar Youtube para ensinar ciencia a cargo do profesor e youtuber Sergio Castro. Finalmente, o profesor e mago Xuxo Ruíz, finalista nos Global Teacher Prize 2018, explicou a súa innovadora metodoloxía didáctica na que a maxia e o ilusionismo son os protagonistas.

Un total de 13 encontros centrados nas novas metodoloxías e ferramentas ao servizo da educación e da pedagoxía que se celebraron nos espazos de Afundación das sete cidades galegas.

O obxectivo no campo formativo de Afundación está definido pola vocación ao redor dunha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas da Obra Social de ABANCA pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada.

Comentarios
Lo más