Gonzalo Caballero cre que o discurso de Feijóo evidencia que "vive na súa burbulla á marxe da realidade e dos problemas de Galicia”
O secretario xeral do PSdeG considerou que o discurso de Fin de Ano do presidente da Xunta foi “sorprendente por decepcionante”, posto que evidencia que Feijóo “non ten ningún proxecto nin ningún plantexamento” para Galicia
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que o discurso de Fin de Ano do presidente da Xunta foi “sorprendente por decepcionante”, posto que evidencia que Feijóo “non ten ningún proxecto nin ningún plantexamento” para Galicia.
“Vive na súa burbulla ao marxe da realidade e dos problemas dos galegos e das galegas”, remarcou o líder do PSdeG, tras escoitar un discurso “alleo aos problemas de Galicia” e no que Feijóo non fai referencia ás cuestións do país nas que a Xunta ten competencias.
“Céntrase na posible aplicación do artigo 155 en Cataluña e esquece os problemas da sanidade pública, que Galicia perde poboación, que os novos non teñen posibilidades de futuro na nosa terra, que o medio rural esmorece…”, enumerou Gonzalo Caballero, crítico con que Feijóo pase por alto “a realidade do país que ten que gobernar”.
Neste sentido, o máximo dirixente do socialismo galego sinalou que “parece incribleque, con tantos asesores para escribirlle os discursos, entre Feijóo e o seu equipo nonteñan a capacidade para formular un discurso que conecte coa cidadanía e que amoseempatía cos galegos que atravesan dificultades”.
Así pois, Gonzalo Caballero concluíu que Feijóo amosou na súa mensaxe que “xa nongoberna Galicia”, pois obviou “a súa tarefa de goberno e o que é propio de Galicia” para centrarse no “lugar común” da “convivencia pacífica coa que os socialistas estamos dacordo”.
Dito isto, o secretario xeral do PSdeG lamentou que Feijóo “non ten na súa cabeza nin na súa axenda de preocupacións os problemas de Galicia, a realidade do país no que vivimos”, senón que “está centrado na súa axenda de política nacional para ver que espazo pode xogar no PP con ou sen Casado”.