miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Colisión múltiple e dúas persoas feridas en Vigo ao interceptar un can na vía

Colisión múltiple e dúas persoas feridas en Vigo ao interceptar un can na vía
Foto de arquivo
Colisión múltiple e dúas persoas feridas en Vigo ao interceptar un can na vía

O accidente ocorreu no punto quilométrico 6 da PO-330, ao fío das 11:00 horas

En Vigo tivo lugar unha colisión na que se viron implicados tres turismos ao interceptar un can na vía e que se  saldou con dúas persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas ao Hospital de Fátima.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 6 da PO-330, ao fío das 11:00 horas.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro e, decontado, os xestores do CIAE-112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Lo más