miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Indignación polo nome dunha reunión entre amigos na Estrada denominda "También follamos gordas"

Indignación polo nome dunha reunión entre amigos na Estrada denominda "También follamos gordas"
Facebook
Indignación polo nome dunha reunión entre amigos na Estrada denominda "También follamos gordas"

Viralizouse pola rede e o primeiro que se fixo eco foi o colectivo Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Pontecaldelas

O sábado 29 de decembro, tivo lugar unha comida entre amigos no Concello da Estrada. O problema foi cando instalaron o cartel que presidía a mesa. Nel podíase ler "También follamos gordas 2018" e unha montaxe de fotos do que parecían distintos momentos do ano dos amigos. Un móbil sacou unha foto ao cartel e difundiuna polas redes.

O primeiro que se fixo eco foi o colectivo Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Pontecaldelas, que compartiron a foto no seu perfil de Facebook demostrando a súa indignación ante o acto. 

Dende o grupo de amigos explican que o nome se debe a unha viaxe para ir a un partido a Gijón, cando na grada do Sporting viron unha bufanda co lema e fíxolles gracia. Por eso o elexiron, sempre con humor, como nome para o grupo de Whatsapp, que quedou para a reunión anual tamén. Aseguran que as chicas da pandilla, que tamén teñen o seu evento pararelo solo para mulleres que denominan "También follamos gordos", ainda que elas solo utilizan as iniciales TFG. Aseguran que se trata dunha broma privada e non ten intencionalidade sexista.

Milagro Domínguez, secretaria de Mulleres en Igualdade, indicou: " non pretendemos perseguir nin atacar a ningúen, pero sentímonos na obriga de dar visibilidade a estas condutas para que a sociedade reflexione e faga un pouco de autocrítica". 

Comentarios
Lo más