Segue o anticiclón para dar respiro nunha noite máxica
08:00 31/12/18
08:00 31/12/18
En Compostela a temperatura mínima será de 4ºC e a máxima chega ata os 14ºC
A derradeira xornada do ano terá novamente como protagonista ao anticiclón de bloqueo, localizado ao sur das Illas Británicas, que impide a chegada do aire frío do continente e das borrascas do Atlántico.
Deste xeito teremos ceo moi aberto, con néboas a primeira hora en puntos de val do interior e algunhas nubes altas ao longo do día, sen maiores consecuencias.
As temperaturas non terán cambios significativos, con xeadas en moitos puntos do interior. En Compostela a temperatura mínima será de 4ºC e a máxima chega ata os 14ºC.
Os ventos soprarán frouxos do leste, sendo algo máis intensos por momentos no extremo norte da Comunidade.