miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os maiores do programa Activa-mente decoran os locais sociais de Camboño, Cruído, Escabia, Aldeagrande, Vilacoba e Sanguiñal

O programa “Activa-mente” leva dezaséis anos funcionando no municipio e pretende mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos

As persoas maiores que participan no programa “Activa-mente” do Concello de Lousame dedicaron a última sesión antes das vacacións de Nadal a decorar as súas aulas dos locais sociais de Camboño, Aldeagrande, Escabia, Vilacoba, Sanguiñal e Cruído.

O programa “Activa-mente” leva dezaséis anos funcionando no municipio e pretende mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades que lles sirvan para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. 

Uns obradoiros de carácter gratuíto e que teñen lugar todas as semanas, entre outubro e xuño, nos distintos locais sociais lousamiás. Tras o parón de Nadal, os maiores retomarán a actividade a partir do vindeiro 8 de xaneiro.

Comentarios
Lo más