Envorca un turismo nun accidente en Xove
13:14 30/12/18
13:14 30/12/18
Unha vez liberadas, as dúas persoas feridas foron trasladadas ao Hospital da Costa.
Dúas persoas resultaron feridas en Xove ao envorcar o turismo no que viaxaban. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros de Viveiro, ao quedar atrapadas no interior do vehículo accidentado.
Sucedeu na LU-862, concretamente no punto quilométrico 92, ao fío das 7:20 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro e, acto seguido, desde o CIAE-112 pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Cervo, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Xove.