Adxudicada a obra para aglomerar un camiño en Bretal, na parroquia de Olveira
10:16 30/12/18
10:16 30/12/18
Recaeu na empresa Francisco Gómez y Cía, S.L., e comporta un investimento de 8.275 euros
A Xunta de Goberno local adxudicou unha actuación destinada ao aglomerado dun camiño en Bretal, na parroquia de Olveira. Recaeu na empresa Francisco Gómez y Cía, S.L., e comporta un investimento de 8.275 euros.
O pavimento no que se centra a actuación está moi deteriorado, con baches e zonas disgregadas que aconsellan renovar o firme para que persoas e vehículos poidan circular con seguridade.
A tal efecto, en primeiro lugar desbrozaranse os sobreanchos para estender a continuación unha primeira capa de zahorra e outra de aglomerado asfáltico, ampliando o ancho da calzada