O día 1 de xaneiro estarán abertas ás novas prazas de estacionamento para residentes na zona 8
Unha vez obtido o correspondente distintivo, estes veciños e veciñas poderán estacionar nas prazas reservadas
A partir do 1 de xaneiro de 2019, os veciños e veciñas residentes nas rúas de Bispo Diego Peláez, Noia, Boiro, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, San Xoán e praza de Álvaro Cunqueiro poderán aparcar, sempre que dispoñan do correspondente distintivo, na zona 8 (Pelamios-Vista Alegre), nas prazas que a tal fin se reservarán na rúa de Santa Comba e no lateral do parque de San Xoán, dende as 21:00 ata as 9:00 horas; e nas rúas de Bispo Diego Peláez e San Xoán durante 24 horas.
Ademais, infórmase aos veciños e veciñas residentes no edificio sito na avenida de Castelao, nos números 48, 50, 52 e 54, que poden solicitar a tarxeta de residentes para a devandita zona 8 de Pelamios - Vista Alegre a partir de mañá venres, 28 de decembro.
Unha vez obtido o correspondente distintivo, estes veciños e veciñas tamén poderán estacionar nas prazas reservadas ás que se fai mención no primeiro parágrafo.
Os veciños e veciñas solicitantes deberán reunir os requisitos aos que fan mención os artigos 24 e seguintes da Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de Residentes, e terán que acreditalos nos termos previstos na norma, presentando a oportuna solicitude no Rexistro Xeral ou por algún dos procedementos previstos na Lei 39/2015 de 1 de outubro, podendo utilizar o modelo oficial que se atopa na páxina web do Concello ou solicitalo no Rexistro.