miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Brión acolle hoxe a posta en escena de "Nacidas libres"

Brión acolle hoxe a posta en escena de "Nacidas libres"
Brión acolle hoxe a posta en escena de "Nacidas libres"

A entrada é libre e de balde

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe sábado 29 de decembro, ás 20:30 horas, a actuación de “Contraproduccións”, que porá en escena a súa obra “Nacidas libres”, dirixida por Cristina Domínguez e sobre un texto de Cándido Pazó. 

Unha actuación inicialmente programada para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, pero que tivo que ser atrasada.

“Nacidas libres” é unha peza dirixida a un público maior de 13 anos na que as actrices Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño interpretan ata unha ducia de personaxes que reflexionan sobre distintos temas vistos dende a perspectiva de xénero: a desigualdade, a emigración, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas... A entrada é libre e de balde.

A actuación está organizada polo Concello de Brión, que conta coa colaboración da Rede Cultural 2018 da Deputación Provincial da Coruña, e coa subvención do AGADIC e da Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más