Accidente entre dous vehículos en Betanzos
O accidente produciuse pouco despois das 15:00 horas desta tarde, no punto quilométrico 568 da Autopista do Atlántico en dirección Madrid
Dous vehículos colidiron na A-6, ao paso polo concello de Betanzos. Como consecuencia do golpe, ambos os dous condutores resultaron feridos e foron trasladados ao Hospital San Rafael da Coruña.
O accidente produciuse pouco despois das 15:00 horas desta tarde, no punto quilométrico 568 da Autopista do Atlántico en dirección Madrid.
Foi unha persoa particular quen puxo os feitos en coñecemento do persoal do CIAE 112 Galicia. A partir de aí, os xestores de emerxencias alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Betanzos.
Do mesmo xeito, solicitaron a colaboración da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade e informaron ao persoal do servizo de limpeza e mantemento da estrada, que se encargaron da sinalización e retirada dos restos do accidente na vía.