Xornada de ceos despexados
08:00 29/12/18
08:00 29/12/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 14ºC
As altas presións localizadas ao norte da península Ibérica continuarán aportando estabilidade.
Deste xeito agardamos unha mañá con nubes baixas no norte e néboas en puntos do interior que irán desaparecendo progresivamente ata deixar unha tarde de ceo pouco anubrado ou despexado.
As temperaturas mínimas sufrirán descensos, máis intensos nos vales do interior, e as máximas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 14ºC.
Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral e algo máis frouxos no interior.