miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Trasladan a unha persoa ao Hospital de Coruña despois de ser atropelada polo seu tractor

Trasladan a unha persoa ao Hospital de Coruña despois de ser atropelada polo seu tractor
Trasladan a unha persoa ao Hospital de Coruña despois de ser atropelada polo seu tractor

O suceso tivo lugar nunha explotación agrícola no lugar de Os Anles

Unha persoa foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña tras sufrir un accidente co seu tractor no concello coruñés de Cabana de Bergantiños. O suceso tivo lugar nunha explotación agrícola no lugar de Os Anles.

O 112 Galicia recibiu a alerta cando faltaban uns minutos para as 10:00 horas desta mañá.

De inmediato, os xestores do CIAE 112 activaron un operativo no que participaron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, a Garda Civil da Coruña, a Policía Local, os voluntarios de Protección Civil da localidade e os membros do GES de Ponteceso.

Comentarios
Lo más