Unha persoa resulta ferida en Oleiros tras chocar o seu vehículo contra unha vivenda
O ferido foi evacuado polo persoal sanitario
Unha persoa resultou ferida despois de que o coche no que viaxaba chocara contra unha casa no concello coruñés de Oleiros. O sinistro produciuse na Rúa do Golfiño, en Lorbe, á altura do número 103.
Ao redor das 9:15 horas da mañá de hoxe, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun coche que chocara contra unha casa e, posiblemente, a persoa estaba atrapada no interior do turismo.
De inmediato, os xestores do CIAE 112 informaron ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Arteixo, ademáis da Polícia Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Unha vez chegaron ao punto, confirmouse que o ocupante do vehículo encontrabase accesible e descartouse o uso do material de excarceracion.
A raíz do impacto, o muro da casa resultou bastante afectado, polo que foi necesario a intervención do persoal cualificado para asegurar e evitar riscos que puidesen afectar ao inmoble.