Ferida unha persoa tras chocar o seu vehículo contra un muro en Caldas de Reis
O turismo verteu unha grande cantidade de combustible, polo que os Bombeiros fixeron uso de barreiras de contención e, incluso, utilizaron un colchón de escuma para evitar o risco de incendio
Unha persoa resulta ferida tras chocar o coche no que viaxaba contra o muro e o portal dunha vivenda.
O accidente ocorreu ao redor das 22:15 horas da noite pasada, cando o vehículo circulaba á altura da rotonda de San Simón, en Caldas de Reis. Segundo informou o alertante que chamou ao 112 Galicia, a ocupante do vehículo podía estar atrapada.
Por iso, ata o lugar, desprazaronse os Bombeiros de Vilagarcía, tras ser alertados polo 112 Galicia. Unha vez chegaron ao punto, descartaron o uso do material de excarceración, ao estar a ferida totalmente accesible.
Debido ao impacto, o turismo verteu unha grande cantidade de combustible, polo que os Bombeiros fixeron uso de barreiras de contención e, incluso, utilizaron un colchón de escuma para evitar o risco de incendio.
Ademais de alertar aos Bombeiros, dende o 112 informouse de inmediato ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén, solicitouse a colaboración dos axentes de tráfico, da Policía Local, do GES de Valga e dos efectivos de Protección Civil de Caldas de Reis e de Vilagarcía. Asimesmo, persoal de mantemento da estrada tamén foi informado do suceso.