miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares denuncian que o "Smartiago" non contará con oficina técnica ata o primeiro semestre do 2019

Os populares denuncian que o "Smartiago" non contará con oficina técnica ata o primeiro semestre do 2019
Foto de arquivo
Os populares denuncian que o "Smartiago" non contará con oficina técnica ata o primeiro semestre do 2019

Este proxecto, incluído no marco do Programa Operativo de Crecemento intelixente, ten como obxectivo a mellora da eficiencia nos servizos públicos de recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mobilidade e iluminación pública a nivel local, mediante a compra pública innovadora

O Grupo Municipal Popular reitera a súa denuncia para poñer en marcha o Smartiago, o proxecto máis importante dos que ten o Goberno de Martiño Noriega enriba da mesa. 

Cando xa teñen pasado máis de tres meses despois de que a Xunta de Goberno Local (XGL) anulara a súa licitación pública, o expediente segue paralizado, polo que ata o primeiro semestre do ano que ven non teremos oficina técnica, o que reduce, de forma considerable, os tempos que poderían estar dedicados a resolver os traballos e estudos necesarios no marco da primeira fase.

O Smartiago, que conta cun orzamento de 12 millóns de euros, é unha iniciativa impulsada polo Goberno municipal do Partido Popular e que ten como obxectivo principal a mellora dos servizos públicos de Santiago. Este proxecto, incluído no marco do Programa Operativo de Crecemento intelixente (POCint), ten como obxectivo principal a mellora da eficiencia nos servizos públicos de recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mobilidade e iluminación pública a nivel local, mediante a compra pública innovadora.

A primeira fase do Smartiago ten un prazo de execución de 4 anos e xa se sobrepasou o ano dos catro establecidos, sen que o Goberno de Compostela Aberta fose quen de licitar e adxudicar a oficina técnica.

Compre lembrar, que a XGL do pasado 18 de setembro anulaba a licitación pública da mencionada oficina técnica, debido ao recurso presentado por unha empresa, que consideraba que as especificacións esixidas na solvencia técnica restrinxían a concorrencia competitiva. Así, o confirmou o Consello Consultivo, polo que CA debe refacer os pregos, co fin de propiciar a maior concorrencia posible.

O Grupo Popular xa advertía, seguindo o informe da intervención municipal, doutras eivas nos pregos en relación ás características técnicas, que non se concretaban, introducindo un grao de indefinición que podería dificultar que a fase selección do contratista se desenvolva coa transparencia e obxectividade que esixe a normativa contractual, así como a indefinición referente a elixibilidade do gasto, segundo criterios dos expedientes que se xestionan con fondos comunitarios.

Destacar que o pasado mes de decembro de 2017, o Concello de Santiago asinou un convenio co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade e cun orzamento dun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 2014-2020, para o desenvolvemento do Smartiago.

Comentarios
Lo más