Xoán Bascuas propón o noitebús para a noite de fin de ano
Compromiso demanda que se activen as paradas antiacoso no servizo
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia, pide o servizo de noitebús para a noite de fin de ano por parte do Concello. O noitebús é unha alternativa de transporte público nun horario que habitualmente non funcionan as liñas urbanas.
Os galeguistas entenden que o servizo debería ir acompañado das paradas antiacoso as paradas a demanda orientadas á protección das mulleres das que poderá beneficiarse calquera usuario tanto mulleres, homes, mocidade ou xente maior. As paradas antiacoso permiten solicitar, en calquera punto do percorrido entre dúas
paradas, poder baixarse no punto máis axeitado para non ter que camiñar sós un traxecto de noite. Dende Compromiso apuntan que o funcionamento é moi sinxelo: “ao subirse o autobús, o usuario que queira beneficiarse deste cambio indicaralle ao conductor o punto exacto no que quere baixarse e quedará nos asentos dianteiros para, chegado o momento, baixar pola porta dianteira en vez de facelo pola traseira”. De igual modo, engaden"Santiago é unha cidade segura, pero queremos que o sexa máis". Este servizo xa funciona en cidades como Terrasa, Bilbao ou Vigo.
Por outra banda, Bascuas ve ilóxico que no día de Aninovo o servizo de bús comece a funcionar ás 10:00, “cando en calquera outro día festivo comeza a circular ás 08:00”.