Detido un varón en Santiago por incumprir unha orde de afastamento contra a súa exparella
13:04 27/12/18
13:04 27/12/18
A Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 275 vítimas de violencia de xénero.
No día de onte, axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, procederon á detención dun varón por un posible delito relacionado coa violencia de xénero cando estaban facendo labores preventivas de vixilancia nas inmediacións do enderezo dunha muller asignada á unidade e cunha Orde de Protección en vigor.
A Policía Autonómica procedeu a detención da súa exparella de por incumprir unha Orde de Afastamento.
Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 275 vítimas de violencia de xénero.