Nenos e grandes de Touro desfrutan coa obra teatral ‘O lobo e a lúa’
Tivo lugar o domingo 23 na Casa da Cultura
Grandes e pequenos de Touro pasaron unha estupenda tarde de teatro o pasado domingo, día 23 de decembro. Acudiron na Casa da Cultura de Touro ao espectáculo O lobo e a lúa, unha función para o público familiar e para pequenos e pequenas a partir dos tres anos.
Nenos e nenas de Touro e tamén papás e mamás desfrutaron dunha peza teatral tenra, divertida e intrigante na que os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. O espectáculo, que contou con un nutrido público no salón de actos da Casa da Cultura, transcorre sempre de noite, a luz da lúa. Unha historia de amistade, superación dos propios medos e de amor. O público asistente pasouno en grande con esta peza que levou o premio Barriga Verde para Teatro de Monicreques XI Edición-2014.