miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dobre agresión machista en Sanxenxo

Dobre agresión machista en Sanxenxo
Dobre agresión machista en Sanxenxo

"Se a os da Manada non lles pasou nada, a min por pegarvos unha hostia menos"

Dúas mulleres foron agredidas por un individuo a noite do domingo en Sanxenxo. Despois da celebración dunha cea de amigos, un grupo de mulleres cambiaron de pub deixando aos seus amigos noutro. No traxecto, un individuo, ao que non coñecían de nada, increpounas chamándoas "putas" e dicindolle "apestáis a sangue de regra". Unha de elas contestou e o home propinoulle unha bofetada que lle fixo perder o equilibrio. Os amigos do home, mentres lle pedían perdon á rapaza, intentaron xustificalo afirmando que "cando bebe ponse así".

As mulleres e os testigos decidiron ir tras o home para conseguir algunha fotografía do rapaz e que non lle saíra a xogada impune, feito que provocou outra agresión a outra vítima doutro grupo, que lle fixo perder o equilibrio e tirouna ao chan. O agresor botou a correr e testigos da liorta perseguírono mentres que lle dicían  "Ti cres que é normal pegarlle a unha muller?" ao que el contestaba "Se a os da Manada non lles pasou nada, a min por pegarvos unha hostia menos", "mañá estarei na casa coma se nada". Mentres o perseguían, esperouse a ambulancia para atender as chicas.

Con varias persoas tras del, o home correo cara o paseo de Silgar e despois cara a estación de autobuses, onde lle esperaba unha patrulla da Policía Local e outra da Garda Civil. Tanto as chicas coma o home presentaron denuncias por agresión. Os axentes señalan que hay "datos contradictorios" e que hai que tomar declaracións.

Unha das persoas presentes que relata o acontecido no seu perfil de Facebook foi a concelleira do BNG Sandra Fernández Agraso. 


Comentarios
Lo más