miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Avanzan as obras do ascensor do Triacastela

Avanzan as obras do ascensor do Triacastela
Avanzan as obras do ascensor do Triacastela

As obras de Triacastela suporán un investimento de máis de 355.000 euros

O pasado setembro comezaron as obras de mellora da accesibilidade na rúa de Triacastela, unha actuación longamente demandada que estará concluída no prazo de seis meses.

As obras de Triacastela suporán un investimento de máis de 355.000 euros. O concelleiro de Obras explicou que a actuación "solucionará o problema de accesibilidade que a veciñanza da zona, bastante envellecida, vén padecendo dende hai anos". Para iso, vaise instalar un ascensor que salvará o desnivel de máis de doce metros que existe entre Triacastela e Concheiros.

O ascensor estará aliñado coas edificacións que teñen a súa fronte cara a avenida de Lugo, e na parte superior conectarase con Concheiros a través dunha pasarela acristalada. As obras tamén contemplan a renovación das redes de saneamento, abastecemento e telecomunicacións na rúa.

Como pode verse na imaxe, os operarios xa están construíndo a a futura base do ascensor que salvará o desnivel da rúa

Comentarios
Lo más