miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Ames organiza o II Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3

O Concello de Ames organiza o II Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3
Foto de arquivo
O Concello de Ames organiza o II Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3

Este torneo desenvolverase no pavillón municipal do Milladoiro. Ademais, vanse organizar outras actividades deportivas durante decembro e xaneiro como son o II Torneo de Nadal de baloncesto, a XII Carreira Ciclista do Pavo e mailo II Torneo de Nadal de fútbol

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza durante o sábado 29 de decembro, a partir das 10.00 horas, o segundo Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3 Concello de Ames. Este torneo desenvolverase no pavillón municipal do Milladoiro. Ademais, vanse organizar outras actividades deportivas durante decembro e xaneiro como son o II Torneo de Nadal de baloncesto, a XII Carreira Ciclista do Pavo e mailo II Torneo de Nadal de fútbol. Estas actividades enmárcase dentro da programación municipal de Nadal.

O Concello de Ames organiza o segundo Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3 Concello de Ames, que se desenvolverá no pavillón municipal do Milladoiro, o sábado 29 de decembro, a partir das 10.00 horas. Haberá dúas categorías: absoluta (para homes de máis de 16 anos) e feminina (para mulleres de máis de 14 anos). Para tramitar as inscricións ou obter máis información pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 – 981 535 940. Tamén se pode enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal . Haberá que entregar a ficha de inscrición cuberta e mailo resgardo de pagamento. As inscricións para participar permanecerán abertas ata o xoves, 27 de decembro, ás 14:00 horas.

Por outra banda, o II Torneo Nadal de Baloncesto Concello de Ames celebrarase hoxe mércores 26 e máis mañá xoves 27 de decembro, nos pavillóns polideportivos municipais. Haberá competición nas categorías preminibásquet (2009-2010), minibásquet (2007- 2008) e infantil (2005-2006). Esta actividade, que está dirixida a nenos e nenas, xa está completa. Xa en xaneiro, os días 2 e o 3 dese mes, terá lugar o II Torneo Nadal de Fútbol Concello de Ames, o cal se desenvolverá nos campos de fútbol do concello. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal .

A programación deportiva para este Nadal complétase coa organización do IV Campus de Fútbol Sala, que está organizado polo FC Meigas, en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames. O campus, que terá lugar entre o 26 e o 28 de decembro, desenvolverase no pavillón municipal de Bertamiráns, en horario de 10.00h a 14.00 horas.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos nados do 2002 e o 2013. A inscrición nesta actividade pódese facer a través dos enderezos de correo electrónico fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com . Tamén se pode efectuar, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20. Existen un número máximo de 50 prazas dispoñibles. O prezo por participante é de 40 euros, cun desconto de 5€ para as nenas e nenos do FC Meigas e das EFS Trasgos. Para obter máis información sobre esta actividade, pódese visitar a páxina web www.fcmeigas.com .

Comentarios
Lo más