miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa foi rescatada da auga en Vilaboa tras lanzarse para salvar a un can

Unha persoa foi rescatada da auga en Vilaboa tras lanzarse para salvar a un can
Foto de arquivo
Unha persoa foi rescatada da auga en Vilaboa tras lanzarse para salvar a un can

Os feitos ocorreron preto das cinco desta tarde no lugar de Paredes, en Vilaboa

Unha persoa foi rescatada esta tarde polo Pesca-I tras lanzarse á auga para socorrer a un can.

Os feitos ocorreron preto das cinco desta tarde no lugar de Paredes, en Vilaboa (Pontevedra), cando unha persoa se lanzou á auga para sacar un can. Ambos foron arrastrados pola corrente ata que lograron resgardarse nun illote, mais a crecida da marea puxo en risco á persoa e o animal, polo que mobilizouse un equipo de rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca-I.

A alerta sobre este suceso chegou ao 112 Galicia a través da chamada dun veciño que, desde as Salinas de Ulló, veu á persoa lanzarse para rescatar a un can da auga. Iso permitiu activar un operativo encabezado por Salvamento Marítimo, que en colaboración co persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia, organizaron o rescate da persoa e o animal, trasladados no Pesca-I ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ademais, os rescatadores contaron coa participación desde terra dos voluntarios de Protección Civil de Vilaboa e tamén dos axentes da Garda Civil.

Comentarios
Lo más