O Milladoiro e Bertamiráns amanecen empapelados
Nos carteis a Policía Local expresa o seu malestar debido a situación actual que están a pasar e critican ao alcalde e a súa actuación
No medio do conflito que está a ter o Concello de Ames coa Policía Local, O Milladoiro e Bertamiráns amaneceron empapelados de carteis dirixidos ao alcalde e firmados por a Policía Local de Ames. Nos carteis a Policía Local expresa o seu malestar debido a situación actual que están a pasar e critican ao alcalde e a súa actuación.
O conflito coa Policía Local xa ven de lonxe, o cal estoupou o verán pasado. A Policía Local pide o complemento específico pero o alcalde, para a súa negación ante a petición, escúdase nos informes de intervención os cales din que non é viable a subida de soldo.
"Nós estamos a favor do complemento de destino que pide a Policía Local, pero sen un informe dos técnicos isto non se pode levar a pleno. Temos que tratar de igual maneira á Policía Local que ao resto dos traballadores. Nós faremos o posible xa que queremos que se aprobe o complemento de destino que piden", afirmou o alcalde fai uns meses.