miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Concentración na zona cero de Paramos para esixir cumprimento dos prazos

Concentración na zona cero de Paramos para esixir cumprimento dos prazos
Foto de arquivo
Concentración na zona cero de Paramos para esixir cumprimento dos prazos

Os veciños seguen coa súa reinvindicación á administración local de que asuma o compromiso de pagar as obras e que publique o decreto que acordaba a situación de emerxencia

Unhas 300 persoas se concentraron onte na zona cero da explosión pirotécnica que levou por diante as súas vivendas o pasado mes de xuño. Os afectados cancelaran unha manifestación xa que o Concello se comprometeu a realizar as labores de desescombro en xaneiro, sempre que non haxa contratempos no vindeiro pleno. 

Os veciños seguen coa súa reinvindicación á administración local de que asuma o compromiso de pagar as obras e que publique o decreto que acordaba a situación de emerxencia. Na concentración unha voceira leeu un manifesto no que expresou que mantéñense unidos e cansados de que as administracións pelexen entre eles e se pasen a responsabilidade mutuamente.

Organizouse tamén un pincho navideño sen teito. "Na zona cero non se moveu nin unha pedra e quereos que sexan o último Nadal sen teito. É moi triste. Está todo derruido" lamentou Lupe Pére, a voceira e secretaria da asociación de afectados. 

Ademáis colocaron un piñeiro negro, chamuscado, que representa a súa situación e que os nenos adornaron con casitas de papel e mensaxes con textos nos que piden volver ás súas casas."Pretendemos simbolizar con este piñeiro que queremos as nosas casas xa." Debaixo do piñeiro colocaron un sobre simbólico con escombro e unha conta atrás.

"Esperamos que en marzo estea todo listo. Non cabe dúbida que o compromiso do Concello é máis breve e de emerxencia e simple que se prevía inicialmente, pero necesitamos que o fagan" afirmou Lupe Pérez.


Comentarios
Lo más