O parque de atraccións Santiago Park volveu abrir as súas portas esta fin de semana
Continuará os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e tamén o 2, 3, 4, 6 e 7 de xaneiro
O parque de atraccións Santiago Park, que se estreou a pasada fin de semana como proposta de lecer en Compostela, volveu abrir as súas esta pasada fin de semana, para logo continuar os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e tamén o 2, 3, 4, 6 e 7 de xaneiro.
O parque, organizado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA coa colaboración do Recinto Feiral de Amio, conta con gran diversidade de atraccións, como un saltamontes, camas elásticas, inchables, a xungla, o vermiño, un mini scalextric, o touriño infantil, a barredora e unha pista de coches. A elas engádese unha zona de xogos para os máis pequenos con propostas como balancíns, tobogáns ou actividades de globoflexia e maquillaxe.
A entrada conta cun prezo único de 6€ por persoa e día (tanto para nenos como para adultos), podendo acceder a todas as atraccións as veces que se queira. O aparcadoiro é gratuíto e o horario vai en todas as xornadas das 16.00h ás 21.00h.