O pleno do Concello de Oroso aprobou as obras do POS+ 19 e contará con 711.925 euros
Suporán un investimento para mellorar a rede viaria, o saneamento e a rede de abastecemento, entre outros proxectos
O Concello de Oroso aprobou nun pleno extraordinario, as obras do POS+2019, que suporán un investimento de 711.925 euros no municipio para mellorar a rede viaria, o saneamento e a rede de abastecemento, entre outros proxectos.
“O rural do concello recibirá unha parte moi importante dos investimentos, que también se destinarán a melloras en Porto Avieira, a facer unha nova senda peonil e a traballos en Sigüeiro”, explica Manuel Mirás, alcalde de Oroso.
Eo concreto, as obras incluídas neste plan da Deputación da Coruña son, por un lado, a ampliación de rede de saneamento desde o núcleo de poboación de Os Carballos ata Vilar de Arriba, en Deixebre (139.241,39 euros), e a mellora da rede viaria nos lugares de Vilalbarro, a Estación de Oroso, Vilacide de Abaixo, a Igrexa e Riás (Oroso), Rial (Trasmonte), rúa Telleira, rúa Toxeira, avda. Compostela e rúa Portiño, en Sigüeiro (122.557,19 euros).
O Concello de Oroso tamén mellorará a rede viaria nos lugares de A Igrexa e Cas (Os Ánxeles), Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa, en Trasmonte (275.672,04 euros), e a rede viaria nos lugares de Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara), e Carollo e Requeixo, en Cardama (138.309,11 euros).
Por último, as obras que o Concello de Oroso inclúe no POS + 2019 servirán ademáis para a ampliación de rede de abastecemento de auga desde o núcleo de poboación de Sar ata o núcleo de poboación de Cabanas, en Os Ánxeles (36.146,61 euros).
“Con estas obras e as que incluiremos nos orzamentos municipais do 2019, seguimos dando pasos para mellorar os servizos básicos, satisfacendo as demandas dos veciños e aumentado a súa calidade de vida”, engade o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.