miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras unha colisión na AP-9, en Vigo

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras unha colisión na AP-9, en Vigo
Foto de arquivo
Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras unha colisión na AP-9, en Vigo

Sucedeu sobre as 17:00 horas no punto quilométrico 156 á altura da saída en dirección a Baiona

A AP-9 rexistrou esta tarde un accidente no que faleceu un mozo e resultou ferida de gravidade a moza que o acompañaba. Viaxaban a bordo unha moto que bateu cun turismo no punto quilométrico 156, á altura da saída en dirección a Baiona.

Foi un particular quen preto das cinco desta tarde contactou co 112 Galicia para dar conta dun sinistro con dúas persoas feridas tendidas na vía. Tratábase do mozo falecido e da moza que foi evacuada nunha UVI móbil ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentarios
Lo más