miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Localizado baixo unha piragua o corpo sen vida dun mozo en Baiona

Localizado baixo unha piragua o corpo sen vida dun mozo en Baiona
Localizado baixo unha piragua o corpo sen vida dun mozo en Baiona

Un veciño que paseaba pola zona ollou a piragua envorcada e chamou decontado ao 112 Galicia

O corpo sen vida dun mozo apareceu esta tarde baixo unha piragua fronte ao Parador de Baiona.

Un veciño que paseaba pola zona ollou a piragua envorcada e chamou decontado ao 112 Galicia. Faltaban apenas cinco minutos para as seis desta tarde cando se activou o operativo encabezado polos rescatadores de Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas, que se desprazaron ao punto a bordo do helicóptero Pesca.

Foi precisamente este equipo quen, poucos minutos máis tarde, recolleu o cadáver do mar e o trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde agardaban profesionais do servizo sanitario. Ademais, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil.

Tras a primeira chamada de alerta ao 112 Galicia, sucedéronse outras dos compañeiros do falecido, preocupados polo seu paradoiro ao que perderan de vista durante a mañá, cando saíu coa embarcación.   


Comentarios
Lo más